Wednesday 22 de May de 2024

O PSOE denuncia un vertedoiro incontrolado no límite das parroquias de Ordes e Parada


O PSOE de Ordes ven de presentar un escrito no Concello de Ordes para denunciar a aparición dun vertedoiro incontrolado de lixo na contorna da fonte de O Sangriño, no límite das parroquias de Parada e de Ordes. Un vertedoiro que contén, sobre todo, gran cantidade de restos de electrodomésticos e de residuos voluminosos.

A Agrupación Socialista de Ordes xa puxo en coñecemento do Concello de Ordes a localización exacta deste vertedoiro para que proceda á súa inmediata eliminación e volve esixir a toma de medidas preventivas para tratar de que non se volvan reproducir sucesos semellantes. Compre lembrar que esta situación non é nova na parroquia de Parada, onde os socialistas de Ordes xa levan denunciado varios casos semellantes nos dous últimos anos facéndose eco das queixas dos veciños e veciñas da zona.